Situado no Barrio Gótico de Barcelona, o proxecto transforma unha vivenda acondicionada para un pianista nunha vivenda cun programa adaptable onde conviven dous adultos e unha nena. A vivenda dispón dunha altura de 3,40 m. e está compartimentada por muros de carga de gran espesor. Cada uns dos tres espazos da vivenda conta cunha soa entrada de luz natural. O proxecto propón a construción dun volume transparente e un volume de madeira. O primeiro volume aporta luz natural ó dormitorio principal, roupeiro e baño mentres que o segundo organiza o espazo central, resolvendo a cociña, un segundo baño, sala de estar e un altillo-dormitorio. A altura libre dispoñible permite un traballo en sección que aumenta a superficie dispoñible mediante a construción dos altillos. |