|
O proxecto consiste na reforma e ampliación da clínica DERMABALMES dirixida pola recoñecida dermatóloga Amparo Rodríguez. A superficie construída increméntase desde os 102 m² orixinais ata un total de 240 m². Dito crecemento articulase a partir de dous elementos nodais: a recepción e a sala de espera. Na recepción, o mostrador é reorientado para adaptarse á nova configuración espacial, ampliándose o posto de atención de dous a tres recepcionistas. Pola súa banda, a sala de espera principal medra mediante a incorporación dun pequeno despacho e esténdese cara ao novo sector, conformando un amplo espazo de espera que, aínda que se subdivide en dous ámbitos en función das distintas consultas, opera de maneira integrada. O número total de despachos elévase de cinco a dez, prevéndose ademais a posibilidade de que un deles poida abrirse cara á sala de espera, xerando así unha área polivalente que permite dar pequenas conferencias. Como resultado, obtense unha distribución eficiente que dilúe os límites entre a clínica preexistente e o seu anexo, de modo que o organigrama funcional resultante non se percibe como a adición de dous ámbitos independentes, senón como unha unidade coherente e continua. |